23 - 27 xuño 2025
TEATRO PRINCIPAL
O cinema foi, e segue a ser, un ámbito de expresión artística, mais tamén un lugar para narrar e representar o mundo. O colectivo LGBTIQA+ sempre atopou na sétima arte un espazo de complicidade e liberdade para crear referentes, amosar que outros mundos, diversos e disidentes, tamén son posibles.
AMBIENTA nace con vontade de amosar a mellor produción audiovisual, tanto no ámbito galego como a nivel internacional, da realidade LGBTIQA+. Unha mostra que busca reivindicar un cinema de calidade que tamén recolla as vidas, os seres e os sentires de todas, todos e todes. Xorde para poñer as lentes do arco da vella e seguir construíndo unha sociedade onde a diversidade sexa un dos valores fundamentais e un lugar de encontro, cultura e socialización arredor do cinema.
ACTO DE INAUGURACIÓN de AMBIENTA + DELIRIO SKETCHS. Presentación delirante a cargo de MERCEDES PEZÓN (Javier Sánchez "Meiga-i") + HIGH PAW + Tamy (Laura Merchán) + Psicóloga Susana (Cata Ukelele) + e posterior coloquio coa directora, Bea Saiáns
OCAÑA, RETRAT INTERMITENT, de Ventura Pons
LE BLEU DU CAFTAN, de Maryam Touzani
MARILIENDRE, de Javier Ferreiro + Encontro de Javier Ferreiro con Mariona Borrull
CURTAS: BIG BOYS DON´T CRY, de Arnaud Delmarie; SOLO KIM, de Javier Prieto de Paula e Diego Herrero; THREE, de Amie Song
Desde Ambienta hai un claro compromiso por dar a coñecer as producións audiovisuais galegas, os proxectos queer do país que apostan por amosar as distintas realidades da comunidade LGBTIQA+. Este ano, unha vez máis, a creación galega abre a programación desta semana de cinema diverso en Pontevedra. Colabora coa escolla Avante LGBT+ Pontevedra.
Mostra algúns dos filmes máis importantes do panorama internacional que foron aclamados polo público e a crítica. Unha selección de creacións audiovisuais contemporáneas que reflicten a realidade LGBTIQA+ en distintas partes do mundo e distintos contextos sociais, políticos e culturais. Nesta edición, contamos coa colaboración da mostra AMAL EN RUTA, un proxecto da Fundación Araguaney-Puente de Culturas para dar visibilidade ao cinema árabe.
Recupera títulos importantes que nos axudan a descubrir a presenza do colectivo LGBTIQA+ na historia do cinema e como foi a representación do mesmo ao longo do tempo a través da sétima arte en distintas partes do mundo. Unha forma de contribuír á memoria queer a través do relato fílmico. As películas desta sección son seleccionadas por Cineclube Pontevedra.
As series audiovisuais son un dos medios de expresión con máis éxito do mundo audiovisual na actualidade e, sen dúbida, dos preferidos do público. O mundo das series está a ser un auténtico espazo de liberdade para a realidade queer, por iso teñen un lugar moi especial na programación de Ambienta. Nesta edición contamos coa colaboración para a selección dos Premios Feroz, aproveitando sinerxías cos prestixiosos galardóns que se entregarán tamén en Pontevedra na vindeira edición de 2026.
Achega as distintas realidades do colectivo LGBTIQA+ nun formato reducido que esperta grande interese por parte do público, con historias narradas en menos de 30 minutos. Un crisol de puntos de vista que dá conta da diversidade dentro do propio colectivo, seleccionados, unha vez máis, polo noso festival amigo FIC Bueu.
Este sitio web utiliza cookies coa finalidade de prestarlle unha mellor experiencia na súa navegación. Así mesmo, no caso de que preste o seu consentimento, utilizaremos cookies que nos permitan obter máis información acerca das súas preferencias e personalizar o noso sitio web de conformidade cos seus intereses individuais, para que teña unha navegación máis fluída e personalizada.
Lin, unha muller chinesa de marcadas crenzas relixiosas, múdase aos Estados Unidos para vivir coa súa filla Jane e a parella desta, Briana. Lin fai novas amizades na Igrexa e teme que o día do seu aniversario as súas amigas descubran a relación lésbica da súa filla.
Esta curtametraxe foi estreada na última edición do Festival de Cine de Cannes.
Kim é un adolescente trans. Aínda que o anhela, non foi quen de saír do armario e amosar a súa verdadeira identidade. Quizais porque está só nun país ao que emigrou ilegalmente. Ou quizais (sobre todo?) por medo a perder a única conexión emocional que ten co mundo: Camila, unha nena que coida a diario.
A historia acontece durante un verán abrasador nunha pequena aldea preto de Marsella. Despois dunha ausencia de tres anos, Lucas e o seu grupo de amigos reciben de volta o seu mellor amigo Hicham. Este ansiado regreso esperta rapidamente emocións conflitivas na banda, pero sobre todo, novas esperanzas en Lucas.
A vida cotiá de Meri Román, unha antiga diva da escena gay madrileña, vese perturbada pola morte do seu pai, que a reconecta con vellos amigos do colectivo. Xuntes rememoran o pasado a través da música e das lembranzas mentres Meri busca a maneira de fuxir da súa monotonía e esgotadora vida da actualidade para atopar, canda as súas amizades, as bases da súa identidade. Mariliendre é unha recentísima produción dirixida polo galego Javier Ferreiro e producida por Suma Content, proxecto de Javier Calvo e Javier Ambrossi. Unha serie musical protagonizada por Blanca Martínez, Martin Urrutia e Omar Ayuso.
Conta a historia dun matrimonio, Halim e Mina, que rexentan unha tenda de caftáns na medina de Salé, Marrocos. A parella sempre viviu cun segredo que Halim aprendeu a ocultar, a súa homosexualidade; pero a enfermidade de Mina e a chegada dun mozo aprendiz á tenda ameazan con alterar o equilibrio que foran construíndo ao longo dos anos. Le Bleu du caftan (en árabe القفطان الأزرق) estreouse na sección “Un certain regard” do Festival de Cine de Cannes e foi galardoada na categoría mellor actriz (Lubna Azabal) na 67 edición da Seminci. Foi, así mesmo, candidata por Marrocos aos Premios Oscar.
Un filme icónico dentro da historia do cine LGBTIQA+ español, que formou parte da Sección Panorama no Festival de Berlín en 1978 e na Sección Oficial no Festival de Cannes (1978). O filme documental afonda na vida e figura do senlleiro pintor e travestí andaluz José Pérez Ocaña e amosa o seu modo de vida alternativo, así como os seus peculiares puntos de vista sobre a relixión, os fetiches, nun retrato da Barcelona dos inicios da transición, onde viviu. O filme reflicte unha Barcelona homosexual e travestí nun momento no que a Lei de perigosidade social estaba aínda vixente para reprimir e condenar toda disidencia sexual.
Un proxecto audiovisual dirixido por Bea Saiáns e producido por CRU & Cimbalino Filmes.
A webserie Delirio Sketchs confórmana tres capítulos independentes, cargados de humor, nos que se abordan, desde o surrealismo, os grandes temas que preocupan á xuventude: o clima, a identidade, o ínfimos que somos no universo. Con coreografías, cancións, reportaxes e cameos estelares da cultura cuir underground galega, os múltiples sketchs mesturan linguaxes (TV, artes performativas e cinema) e funcionan como espellos dun calidoscopio que apunta á realidade. Esta iniciativa levou o premio a mellor proxecto 2024 – Festival Carballo Interplay.
En 1942, nun tren que se dirixe a ningunha parte, unha antiga drag queen rememora unha noite pasada nun dos primeiros bares queers de París. O eco dos comentarios dos clientes evocan este bar mítico e ao seu misterioso dono, un xudeu arxelino.
*Gañador da Queer Palm en Cannes 2022
Tras regresar á súa cidade natal na procura de si mesmo, un xove director de cinema chinés ten unha conversa coa súa nai longamente aprazada que mergulla a ambos na procura da aceptación e do amor.
Pode un corpo ser unha casa? Que é un fogar?
‘Habitar’ trata de responder a estas preguntas sobre a construción das nosas identidades a través do retrato íntimo de persoas transxénero e non binarias de Galicia.
Ambientado en Nairobi, esta curta segue á parella do mesmo sexo Shee e Magnus mentres sofren as consecuencias dun embarazo inesperado.
*Premio no Festival de Sundance a mellor dirección para Marija Kavtaradze.
Elena imparte clases de baile, mentres que Dovydas traballa como intérprete de lingua de signos. No momento no que se coñecen establécese un fermoso vencello entre eles. Porén, a súa relación será posta a proba cando Dovydas lle confese a Elena que ten sentimentos románticos por ela, pero que é asexual, polo que non sente e nunca sentiu desexo sexual por outra persoa.
*Premio Cesar a mellor actor revelación para Pierre Deladonchamps, mellor dirección no 66 Festival de Cannes para Alain Guiraudie, Giraldillo de Oro no Festival de Cine Europeo de Sevilla a mellor filme e mellor fotografía para Claire Mathon.
Verán. Un lugar para ligar exclusivo para homes oculto na beira dun lago. Franck namora de Michel, un home atractivo e forte, pero mortalmente perigoso. Franck sabe todo isto, pero aínda así desexa vivir esta paixón.
*Premio Goya a mellor canción por “Yo solo quiero amor” de Rigoberta Bandini e Premio Feroz ao mellor actor de reparto para La Dani.
Sevilla, 1977. Reme está orgullosa de que o seu fillo Miguel vaia converterse no primeiro universitario da familia. Pero Miguel quere ser artista e cantar nun popular concurso de televisión. Nunha época na que a homosexualidade é delito, Reme descubrirá tamén quen son os novos amigos do seu fillo: o incipiente movemento LGBTI andaluz, xestado paradoxicamente no seo da Igrexa.