AMBIENTAZO!

  • Artistas invitados

    Contaremos coa presenza de Valeria Vegas e Nacha la Poderosa para falar de "Vestida de azul"

  • Múltiples actividades

    Contamos cunha ampla programación tanto na exhibición de filmes como nos actos que acompañan o evento

boy
  • Do 19 ao 24 de xullo

    A Mostra Internacional de cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, AMBIENTA, estenderase desde do 19 ao 24 de xullo de 2021

  • Ao aire libre

    O evento ubicarase na praza da Pedreira por ser un dos espazos que mellor se adapta ás condicións que se requiren para a exhibición ao aire libre.

SECCIÓNS AMBIENTA

AMBIENTA ACTUAL

Mostra algúns dos filmes máis importantes do mundo, tanto aqueles que foron aclamados pola prensa e atraeron a atención dos festivais, como outros que AMBIENTA e o festival NOVOS CINEMAS descubriron e que recomendan ao público. Unha selección de películas que se mergulla na sociedade contemporánea e o rumbo da mesma.

*En colaboración con NOVOS CINEMAS e AVANTE LGBT+

AMBIENTA DOC

Explora as distintas vías de representación do colectivo desde unha aproximación honesta ás necesidades, triunfos e cotiandade da comunidade LGBTIQA+.

AMBIENTA EN CURTA

Achega as distintas realidades do colectivo LGBTIQA+ nun formato que esperta un gran interese por parte do público, con historias contadas en non máis de 30 minutos.

*en colaboración con FIC BUEU.

AMBIENTA CLÁSICA

Recupera títulos importantes que nos axudan a descubrir a presenza do colectivo na historia do cinema e como foi a representación do mesmo ao longo do tempo a través da sétima arte.

*en colaboración co CINECLUBE de Pontevedra.

COA PRESENZA DE:

Carme Adán

Carme Adán

Filósofa, ensaísta e política galega
    Cristina de la Torre

    Cristina de la Torre

    Creadora audiovisual
      Valeria Vegas

      Valeria Vegas

      Xornalista, documentalista, ensaísta e escritora
        Nacha la Poderosa

        Nacha la Poderosa

        Protagonista do filme "Vestida de Azul"
          Jairo Moreno

          Jairo Moreno

          DJ e creador audiovisual

            Cinema pola diversidade

            AMBIENTA

            AMBIENTA recolle o testemuño do FLOP Cinema que cada verán desde 2018 se ven celebrando en Pontevedra coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGBTIQA+ cada 28 de xuño.

            AMBIENTA nace para seguir poñendo o acento no cinema como arte e como vehículo. Como reflexo de distintas épocas e sensibilidades que nos axuda a poñer as gafas violetas, as gafas de clase ou como neste caso, as gafas do arco da vella para seguir construíndo unha sociedade onde a diversidade sexa un dos valores fundamentais e un lugar de encontro, cultura e socialización arredor do cinema para gozar en liberdade do espazo público da cidade.

            PROGRAMA

            Acto de presentación
            • 22.00 h
            • Carme da Silva, Éric Dopazo, Laura Cadenas, Enzo Sarmiento

            Acto de presentación

            Acto de presentación de AMBIENTA, Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, que inclúe a estrea do videoclip EDUARDITA, producido por Laura Cadenas Amandi, Enzo Sarmiento e Éric Dopazo.

            Proxección de A PRIMEIRA MORTE DE JOANA

            Proxección de A PRIMEIRA MORTE DE JOANA

            Proxección de A PRIMEIRA MORTE DE JOANA (Brasil) Dirección: Cristiane Oliveira Reparto: Letícia Kacperski, Isabela Bressane, Joana Vieira, Lisa Gertum Becker, Pedro Nambuco, Graciela Caputti, Rosa Campos Velho e Emílio Speck.

            Proxección de ÉTÉ 85 (Verán do 85)

            Proxección de ÉTÉ 85 (Verán do 85)

            Proxección de ÉTÉ 85 (Francia), do director François Ozon

            'Verán do 85' é a décimo novena longametraxe dirixida e escrita por François Ozon'. A película está ambientada no verán de 1985, na costa de Normandía. Un adolescente de 16 anos pasa uns días de descanso nun resort de luxo, propio das clases medias que aspiraban a un estilo de vida burgués. En plena mocidade, é habitual vivir moitas aventuras no cruceiro, aproveitar para facer deportes acuáticos. Pero non, o mozo fai un pacto de amizade co seu mellor amigo, un xuramento de por vida...

            Conversa con CARLA ANTONELLI
            • 21.00 h
            • AMBIENTA DOC
            • Cinefórum na Pedreira

            Conversa con CARLA ANTONELLI

            Encontro con Carla Antonelli, actriz, política, activista trans e impulsora de TRIÁNGULOS ROSAS, documental que narra a historia de tres mulleres trans residentes en Tenerife que loitaron durante décadas polos seus dereitos e por seren recoñecidas pola súa identidade real.

            Proxección do filme documental TRIÁNGULOS ROSAS
            • 22.30 h
            • AMBIENTA DOC
            • En colaboración coa Cinemateca Pedro Zerolo

            Proxección do filme documental TRIÁNGULOS ROSAS

            TRIÁNGULOS ROSAS (España 2021, 90’, V.O.E.) Borja Lynch

            Triángulos rosas é un documental que narra a historia de tres mulleres transexuales de Tenerife, Terri León, Dona Hernández e Marcela Rodríguez, que loitaron durante décadas polos seus dereitos e por ser recoñecidas pola súa identidade real.

            Proxección de "Tokyo Godfathers"
            • 22.30 h
            • AMBIENTA CLÁSICO

            Proxección de "Tokyo Godfathers"

            Os padriños de Tokio (O Xapón 2003, 88’, Animación, V.O.S.E.) Dirixida por Satoshi Kon, Shôgo Furuya

            É Nadal e a neve cobre a cidade de Tokio coa súa manta branca. Nalgún lugar de Shinjuku atopamos a tres persoas sen fogar: Gin, Hana e Miyuki. Unha noite escoitan uns choros que saen dun montón de lixo e atopan un bebé anxo. Gin insiste en levalo á policía e en que se ocupen del. Porén, Hana, que sempre tivo a ilusión de ter un bebé, non quere deixalo a ninguén e que sexan eles os que buscan aos pais. Así se embarcan estes tres amigos na aventura de atopar á familia do bebé...

            *En colaboración con Cineclube Pontevedra

            Acto de clausura
            • 21.00 h
            • Palito DJ

            Acto de clausura

            7 notas, 7 cores: “Petardeo” e música de cine con Palito DJ

            Proxeccións de curtas

            Proxeccións de curtas

            ENSOM COWGIRL (Vaqueira solitaria) (Dinamarca 2021, 19’ V.O.S.E.) Gina Kippenbroeck

            SON OF SODOM (Fillo de Sodoma) (Colombia 2020, 15’ V.O.E.) Theo Montoya

            VICTORIA (España 2020, 8’, V.O.E.) Daniel Toledo

            DUSTIN (Francia 2020, 20’, V.O.S.E.) Naïla Guiguet

            MARLON BRANDO (Países Baixos 2020, 19’, V.O.S.E.) Vicent Tilanus

            Acto de clausura
            • 21.00 h
            • Palito DJ

            Acto de clausura

            7 notas, 7 cores: “Petardeo” e música de cine con Palito DJ

            Proxeccións de curtas

            Proxeccións de curtas

            ENSOM COWGIRL (Vaqueira solitaria) (Dinamarca 2021, 19’ V.O.S.E.) Gina Kippenbroeck

            SON OF SODOM (Fillo de Sodoma) (Colombia 2020, 15’ V.O.E.) Theo Montoya

            VICTORIA (España 2020, 8’, V.O.E.) Daniel Toledo

            DUSTIN (Francia 2020, 20’, V.O.S.E.) Naïla Guiguet

            MARLON BRANDO (Países Baixos 2020, 19’, V.O.S.E.) Vicent Tilanus

            UNHA INICIATIVA DO:

            ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR CAPACIDADE