7, 14, 21, 28 e 29 maio 2026
FACULTADE DE BELAS ARTES
PONTEVEDRA
O cinema foi, e segue a ser, un ámbito de expresión artística, mais tamén un lugar para narrar e representar o mundo. O colectivo LGBTIQA+ sempre atopou na sétima arte un espazo de complicidade e liberdade para crear referentes, amosar que outros mundos, diversos e disidentes, tamén son posibles.
AMBIENTA nace con vontade de amosar a mellor produción audiovisual, tanto no ámbito galego como a nivel internacional, da realidade LGBTIQA+. Unha mostra que busca reivindicar un cinema de calidade que tamén recolla as vidas, os seres e os sentires de todas, todos e todes. Xorde para poñer as lentes do arco da vella e seguir construíndo unha sociedade onde a diversidade sexa un dos valores fundamentais e un lugar de encontro, cultura e socialización arredor do cinema.
Proxección: CONTANDO LOS DÍAS
Coloquio con TANIA MEDINA , ALBA LOUREIRO e Eva Mejuto
Proxección: MI QUERIDA SEÑORITA , Jaime de Armiñán
Proxección: IVÁN & HADOUM , Ian de la Rosa
Coloquio con SAMANTHA HUDSON e Raquel Piñeiro
Proxección: 9 LUNAS , Patricia Ortega
Proxección CURTAS:
ALGO NOVO QUE CONTAR , Paula Pereira
HELLO STRANGER (Ola, descoñecide) , Amélie Hardy
BLOOMER (O espertar) , Jimmy Zwedberg
Proxección VIDEOCLIP: FERIDO , Irene Montes e Xoán Fórneas
Coloquio con Xoán Fórneas e Carlos Valcárcel
Actuación en directo O XOÁN
AMBIENTazo! Petiscos e música petarda con DJ BETI DE LA CHURCH, en LA VERBENA CLUB (Charino, 29)
As series audiovisuais son un dos medios de expresión con máis éxito do mundo audiovisual na actualidade e, sen dúbida, dos favoritos do público. O mundo das series está a ser un auténtico espazo de creación e liberdade para a realidade queer, por iso teñen un lugar destacado na programación de AMBIENTa. Nesta edición apostamos por novísimos formatos transmedia pensados por e para as redes sociais e contamos coa colaboración para a selección do Programa Municipal pola Diversidade Sexual e de Xénero Pinto e Maragota.
Un espazo para revisitar títulos importantes que nos axudan a descubrir a presenza do colectivo LGBTIQA+ na historia do cinema e como foi a representación do mesmo ao longo do tempo a través da sétima arte. Unha forma de contribuír á memoria queer a través dos relatos fílmicos. As películas desta sección son seleccionadas por Cineclube Pontevedra.
Nesta edición teremos a posibilidade de visionar filmes que aínda non chegaron ao circuíto comercial do cinema. Serán oportunidades únicas de gozar, en primicia, propostas audiovisuais de altísima calidade que darán, sen dúbida, moito que falar. As estreas deste ano foron propostas polos Premios Feroz e por Avante LGBT+ Pontevedra.
Achega as distintas realidades do colectivo LGBTIQA+ nun formato reducido que esperta grande interese por parte do público, con historias narradas en menos de 30 minutos. Un crisol de puntos de vista que dá conta da diversidade dentro do propio colectivo, seleccionados, unha vez máis, polo noso festival amigo FIC Bueu.
Alén de ver filmes, AMBIENTa crea espazos para o diálogo e debate cos talents, creadores e creadoras. Unha oportunidade de coñecer distintos aspectos da industria audiovisual da man dos seus e das súas protagonistas.
Este sitio web utiliza cookies coa finalidade de prestarlle unha mellor experiencia na súa navegación. Así mesmo, no caso de que preste o seu consentimento, utilizaremos cookies que nos permitan obter máis información acerca das súas preferencias e personalizar o noso sitio web de conformidade cos seus intereses individuais, para que teña unha navegación máis fluída e personalizada.
Pascal filma unha banda xuvenil nun skatepark e, no entanto, nace unha atracción mutua entre el e Joel.
Seducido polo encanto do rapaz, convídao á súa casa co pretexto de “editar a película”. Xa alí, Pascal cuestiona a súa decisión ao decatarse de que Joel ten só dezaseis anos e xórdenlle unha chea de dúbidas.
Cooper Josephine loita co seu proceso de transición. Na súa procura de identidade, enfróntase ás expectativas da familia e aos prexuízos sociais ao longo dun camiño certo cara a si mesma.
Xoana pasa o verán cunhas amigas. Entre elas está Emma, unha rapaza coa que comeza a explorar algo máis ca unha amizade. Porén, Xoana nunca tivo relacións sexuais, e a idea de dar ese paso xéralle medo e inseguridade. Os seus pensamentos, cargados de dúbidas e temores, difi cultan o avance da súa relación con Emma.
Iván é un home trans que traballa como carretilleiro nos almacéns duns invernadoiros no sur de Europa. Contra todo prognóstico, namórase de Hadoum, unha compañeira hispanomarroquí da cinta de envasado. A contracorrente, vivirán o seu amor entre invernadoiros e praias, xa que nin a familia de Iván nin a de Hadoum están a favor desa relación.
IVÁN & HADOUM tivo a súa estrea mundial na sección Panorama da Berlinale, onde gañou o Teddy Award; a súa estrea estatal no Festival de Málaga, onde acadou a Biznaga de Prata Premio Especial do Xurado, a Biznaga de Prata ao Mellor Guión e a Mención Especial ao Mellor Actor (Silver Chicón), e estivo presente no Festival D’A de Barcelona.
*TEDDY AWARD, premio de cine queer máis destacado do mundo, na Berlinale (2026).
Festival de Cine de Málaga (2026):
Biznaga de Prata ao Mellor Guión (Ian de la Rosa).
Biznaga de Prata ao Premio Especial do Xurado.
Mención Especial do Xurado a Mellor Interpretación Masculina (Silver Chicón).
9 LUNAS é unha comedia feel good que narra a historia de Ángel, un novo e atractivo adestrador persoal ao que a vida lle sorrí. Após dun ano sabático, acaba de ser contratado polo mellor ximnasio da cidade, e todo parece ir sobre rodas. Pero o seu mundo dá un xiro cando comeza a atoparse mal, acode ao hospital e recibe unha noticia inesperada: está embarazado. E é que, en realidade, Ángel é un home trans ao que só lle faltaba un último paso para completar a súa transición e agora deberá enfrontarse a unha decisión que porá a proba a súa identidade, os seus soños e a maneira en que entende a súa propia masculinidade.
Unha proposta audiovisual que vai dar moito que falar e que pensar, remover conciencias, celebrar novas realidades e sacarnos da nosa zona de confort.
Adela é unha muller de carácter conservador e respectada na súa comunidade. Vive nunha pequena vila en compañía da súa asistenta, Isabelita, con quen mantén un vínculo especial. Logo de propoñérenlle matrimonio e de viaxar a Madrid para unha consulta médica, Adela decide facerlles fronte a certas pantasmas que a acompañan desde hai tempo e que lle devolven unha imaxe que se resiste en recoñecer. Ante a idea insoportable de volver á súa vila, Adela múdase a Madrid para comezar unha nova vida cunha nova identidade.
Un fantástico momento para revisitar en pantalla grande este filme clásico, agora que se vén de estrear unha nova versión producida por Javier Calvo e Javier Ambrossi, con guión de Alana S. Portero e dirixida por Fernando González Molina.
*Nomeada a Mellor Película de Fala non Inglesa nos Oscar (1973).
Mellor Actor (José Luis López Vázquez) no Festival de Chicago (1972).
Mellor Director, Mellor Guión, Mellor Actor, Mellor Actor de Reparto para o Círculo de Escritores Cinematográficos (1972).
CONTANDO LOS DÍAS é unha comedia romántica transmedia en formato vertical que conta, con humor e tenrura, o inicio da relación entre Ana e Claudia. Unha historia próxima que amosa como o cotián se converte no escenario perfecto para explorar o amor, as emocións e as contradicións da vida diaria.
A primeira tempada consta de 34 episodios, cada un deles é un reel autoconclusivo pensado inicialmente para Instagram, mais tamén con presenza en TikTok e YouTube. Unha nova forma de contar historias, con textos, audios, stickers, GIFs, fotos, videos, emojis… Unha experiencia multiplataforma na que a audiencia interactúa e forma parte da historia.
*Nomeada a Mellor Web Serie nos Premios Mestre Mateo (2026).
Nomeada a Mellor Creación en Nuevos Medios nos Premios ODA (2025).
Seleccionada en FECICAM Festival de Cine Emergente de Ciudad Real (2025).
Mellor serie no LESFEST de Lima, Perú (2026).