logo AMBIENTA

24 - 28 xuño 2024

TEATRO PRINCIPAL

Concello de Pontevedra logo centrado blanco

Cinema pola diversidade

AMBIENTA

O cinema foi, e segue a ser, un ámbito de expresión artística mais tamén un lugar para narrar e representar o mundo. O colectivo LGBTIQA+ sempre atopou na sétima arte un espazo de complicidade e liberdade para crear referentes, amosar que outros mundos, diversos e disidentes, tamén son posibles.

AMBIENTA nace con vontade de amosar a mellor produción audiovisual, tanto no ámbito galego como a nivel internacional, da realidade LGBTIQA+. Unha mostra que busca reivindicar un cinema de calidade que tamén recolla as vidas, os seres e os sentires de todas, todos e todes. Xorde para poñer as gafas do arco da vella e seguir construíndo unha sociedade onde a diversidade sexa un dos valores fundamentais e un lugar de encontro, cultura e socialización arredor do cinema.

PROGRAMACIÓN

Luns 24 AMBIENTA_

PRESENTACIÓN AMBIENTA + intervención de NURIA VIL, MARÍA LADO, LUCÍA ALDAO + DELINCUENTE, dirixido por ALBA DOMÍNGUEZ + coloquio “QUEN SON DELINCUENTES?” con ANGELLY FERREIRO.

Martes 25 AMBIENTA_

OMAR BANANA + TE ESTOY AMANDO LOCAMENTE, de Alejandro Marín

Mércores 26 AMBIENTA_

O DESCOÑECIDO DO LAGO, de Alain Guiraudie

Xoves 27 AMBIENTA_

SLOW, de Marija Kavtaradze

Venres 28 AMBIENTA_

CURTAS: SHEE, de Lia Campbell; HABITAR, de Anxos Fazáns; WILL YOU LOOK AT ME, de Shuli Huang; MAURICE’S BAR, de Tom Prezman e Tzor Edery

22 horas - FESTA CLAUSURA

7 NOTAS, 7 CORES: música petarda con TATO DJ ANIMAL PRINT, petiscos e agasallos poéticos con cada consumición.
LA VERBENA CLUB (Rúa Charino, 29)

Teatro Principal - PONTEVEDRA
Logos AMBIENTA_2024

COA PRESENZA DE:

NURIA VIL

Artista, resitadora, escritora

NURIA VIL

Artista, resitadora, escritora

OMAR BANANA

Actor

OMAR BANANA

Actor

LUCÍA ALDAO

Escritora e música

LUCÍA ALDAO

Escritora e música

ANGELLY FERREIRO

Educadora social, activista antiracista

ANGELLY FERREIRO

Educadora social, activista antiracista

MARÍA LADO

Escritora

MARÍA LADO

Escritora

SECCIÓNS:

AMBIENTa_actual

Mostra algúns dos filmes máis importantes do panorama internacional, tanto os que foron aclamados polo público e a crítica coma os que AMBIENTA descobre e achega ao público galego. Unha selección de creacións audiovisuais contemporáneas que reflicten a realidade LGBTIQA+ en distintas partes do mundo na actualidade ou no pasado recente.

AMBIENTa_estrea

Historias recén enfornadas que se exhiben en AMBIENTA por primeira vez no país, unha oportunidade única para descubrir o máis recente da creación audiovisual queer con vontade de impactar, sorprender e emocionar.

AMBIENTa_clásico

Recupera títulos importantes que nos axudan a descubrir a presenza do colectivo na historia do cinema e como foi a representación do mesmo ao longo do tempo a través da sétima arte, seleccionado por Cineclube Pontevedra.

AMBIENTa_en curta

Achega as distintas realidades do colectivo LGBTIQA+ nun formato reducido que esperta grande interese por parte do público, con historias narradas en menos de 30 minutos. Un crisol de puntos de vista que dá conta da diversidade dentro do propio colectivo, seleccionado por FIC Bueu.

UNHA INICIATIVA DO:

Logo Concello de Pontevedra

COA COLABORACIÓN DE:

Logo CINE CLUB PONTEVEDRA
LOGO AVANTE LGBT+

THREE

THREE

Amie Song
(Estados Unidos 2023, 20’,
V. O. S. E.)

Lin, unha muller chinesa de marcadas crenzas relixiosas, múdase aos Estados Unidos para vivir coa súa filla Jane e a parella desta, Briana. Lin fai novas amizades na Igrexa e teme que o día do seu aniversario as súas amigas descubran a relación lésbica da súa filla.
Esta curtametraxe foi estreada na última edición do Festival de Cine de Cannes.

SOLO KIM

SOLO KIM

Javier Prieto de Paula e Diego Herrero
(España 2024, 15’, V. O. E.)

Kim é un adolescente trans. Aínda que o anhela, non foi quen de saír do armario e amosar a súa verdadeira identidade. Quizais porque está só nun país ao que emigrou ilegalmente. Ou quizais (sobre todo?) por medo a perder a única conexión emocional que ten co mundo: Camila, unha nena que coida a diario.

BIG BOYS DON‘T CRY

BIG BOYS DON‘T CRY

Arnaud Delmarie
(Francia 2025, 25’, V. O. S. E.)

A historia acontece durante un verán abrasador nunha pequena aldea preto de Marsella. Despois dunha ausencia de tres anos, Lucas e o seu grupo de amigos reciben de volta o seu mellor amigo Hicham. Este ansiado regreso esperta rapidamente emocións conflitivas na banda, pero sobre todo, novas esperanzas en Lucas.

MARILIENDRE

MARILIENDRE
(primeiro capítulo)

Javier Ferreiro
(España 2025, 40’, V. O. E.)

A vida cotiá de Meri Román, unha antiga diva da escena gay madrileña, vese perturbada pola morte do seu pai, que a reconecta con vellos amigos do colectivo. Xuntes rememoran o pasado a través da música e das lembranzas mentres Meri busca a maneira de fuxir da súa monotonía e esgotadora vida da actualidade para atopar, canda as súas amizades, as bases da súa identidade. Mariliendre é unha recentísima produción dirixida polo galego Javier Ferreiro e producida por Suma Content, proxecto de Javier Calvo e Javier Ambrossi. Unha serie musical protagonizada por Blanca Martínez, Martin Urrutia e Omar Ayuso.

 

 

EL CAFTÁN AZUL

Le Bleu du caftan
(O caftán azul)

Maryam Touzani
(Marrocos 2022, 122’, V. O. S. E.)

Conta a historia dun matrimonio, Halim e Mina, que rexentan unha tenda de caftáns na medina de Salé, Marrocos. A parella sempre viviu cun segredo que Halim aprendeu a ocultar, a súa homosexualidade; pero a enfermidade de Mina e a chegada dun mozo aprendiz á tenda ameazan con alterar o equilibrio que foran construíndo ao longo dos anos. Le Bleu du caftan (en árabe القفطان الأزرق) estreouse na sección “Un certain regard” do Festival de Cine de Cannes e foi galardoada na categoría mellor actriz (Lubna Azabal) na 67 edición da Seminci. Foi, así mesmo, candidata por Marrocos aos Premios Oscar.

OCAÑA, RETRAT INTERMITENT

OCAÑA, RETRAT INTERMITENT

Ventura Pons
(España 1978, 85’, V. O. E.)

Un filme icónico dentro da historia do cine LGBTIQA+ español, que formou parte da Sección Panorama no Festival de Berlín en 1978 e na Sección Oficial no Festival de Cannes (1978). O filme documental afonda na vida e figura do senlleiro pintor e travestí andaluz José Pérez Ocaña ​e amosa o seu modo de vida alternativo, así como os seus peculiares puntos de vista sobre a relixión, os fetiches, nun retrato da Barcelona dos inicios da transición, onde viviu. O filme reflicte unha Barcelona homosexual e travestí nun momento no que a Lei de perigosidade social estaba aínda vixente para reprimir e condenar toda disidencia sexual.

DELIRIO SKETCHS

DELIRIO SKETCHS

(Galicia 2025, 45’, V. O. G.)

Un proxecto audiovisual dirixido por Bea Saiáns e producido por CRU & Cimbalino Filmes.
A webserie Delirio Sketchs confórmana tres capítulos independentes, cargados de humor, nos que se abordan, desde o surrealismo, os grandes temas que preocupan á xuventude: o clima, a identidade, o ínfimos que somos no universo. Con coreografías, cancións, reportaxes e cameos estelares da cultura cuir underground galega, os múltiples sketchs mesturan linguaxes (TV, artes performativas e cinema) e funcionan como espellos dun calidoscopio que apunta á realidade. Esta iniciativa levou o premio a mellor proxecto 2024 – Festival Carballo Interplay.

MAURICE’S BAR

MAURICE’S BAR

(Francia, 2023, 14’, V.O.S.E.)
Tom Prezman e Tzor Edery

En 1942, nun tren que se dirixe a ningunha parte, unha antiga drag queen rememora unha noite pasada nun dos primeiros bares queers de París. O eco dos comentarios dos clientes evocan este bar mítico e ao seu misterioso dono, un xudeu arxelino.

WILL YOU LOOK AT ME

WILL YOU LOOK AT ME

(China, 2022, 20’, V.O.S.E.)
Shuli Huang

*Gañador da Queer Palm en Cannes 2022

 

Tras regresar á súa cidade natal na procura de si mesmo, un xove director de cinema chinés ten unha conversa coa súa nai longamente aprazada que mergulla a ambos na procura da aceptación e do amor.

HABITAR

HABITAR

(Galicia, 2023, 15’, V.O.G.)
Anxos Fazáns

Pode un corpo ser unha casa? Que é un fogar?
‘Habitar’ trata de responder a estas preguntas sobre a construción das nosas identidades a través do retrato íntimo de persoas transxénero e non binarias de Galicia.

SHEE

SHEE

(Reino Unido / Irlanda do Norte / Kenia, 2023, 10´, V.O.S.E.)
Lia Campbell

Ambientado en Nairobi, esta curta segue á parella do mesmo sexo Shee e Magnus mentres sofren as consecuencias dun embarazo inesperado.

SLOW

SLOW

(Lituania, 2023, 104’, V.O.S.G.)
Marija Kavtaradze

*Premio no Festival de Sundance a mellor dirección para Marija Kavtaradze.

 

Elena imparte clases de baile, mentres que Dovydas traballa como intérprete de lingua de signos. No momento no que se coñecen establécese un fermoso vencello entre eles. Porén, a súa relación será posta a proba cando Dovydas lle confese a Elena que ten sentimentos románticos por ela, pero que é asexual, polo que non sente e nunca sentiu desexo sexual por outra persoa.

O DESCOÑECIDO DO LAGO

O DESCOÑECIDO DO LAGO

(Francia, 2013, 107’, V.O.S.E.)
Alain Guiraudie

*Premio Cesar a mellor actor revelación para Pierre Deladonchamps, mellor dirección no 66 Festival de Cannes para Alain Guiraudie, Giraldillo de Oro no Festival de Cine Europeo de Sevilla a mellor filme e mellor fotografía para Claire Mathon.

 

Verán. Un lugar para ligar exclusivo para homes oculto na beira dun lago. Franck namora de Michel, un home atractivo e forte, pero mortalmente perigoso. Franck sabe todo isto, pero aínda así desexa vivir esta paixón.

TE ESTOY AMANDO LOCAMENTE

TE ESTOY AMANDO LOCAMENTE

(España, 2023, 107’, V.O.E.)
Alejandro Marín

*Premio Goya a mellor canción por “Yo solo quiero amor” de Rigoberta Bandini e Premio Feroz ao mellor actor de reparto para La Dani.

 

Sevilla, 1977. Reme está orgullosa de que o seu fillo Miguel vaia converterse no primeiro universitario da familia. Pero Miguel quere ser artista e cantar nun popular concurso de televisión. Nunha época na que a homosexualidade é delito, Reme descubrirá tamén quen son os novos amigos do seu fillo: o incipiente movemento LGBTI andaluz, xestado paradoxicamente no seo da Igrexa.

DELINCUENTE

Cartel filme - DELINCUENTE

DELINCUENTE

(Galicia, 2024, 13’, V.O.S.G.)
de Nuria Vil, dirixido por Alba Domínguez
A través do recordo de La Maradona —a líder dunha banda de delincuencia xuvenil viguesa dos anos 80—, Nuria Vil constrúe un universo poético no que mestura o imaxinario do cine quinqui coa historia obreira da cidade de Vigo para achegar ao presente algunhas referentes da literatura galega contemporánea e unha vindicación potente do colectivo LGBTIQA+. Esta peza, dirixida por Alba Domínguez, xunta as imaxes en súper 8 do arquivo de Manoel da Costa que retratan o Vigo dos 80 coa ficción filmada nos arredores de Vigo, Nigrán e no histórico autobús Cometa de 1968 cedido por Vitrasa.