24 - 28 xuño 2024
TEATRO PRINCIPAL
O cinema foi, e segue a ser, un ámbito de expresión artística mais tamén un lugar para narrar e representar o mundo. O colectivo LGBTIQA+ sempre atopou na sétima arte un espazo de complicidade e liberdade para crear referentes, amosar que outros mundos, diversos e disidentes, tamén son posibles.
AMBIENTA nace con vontade de amosar a mellor produción audiovisual, tanto no ámbito galego como a nivel internacional, da realidade LGBTIQA+. Unha mostra que busca reivindicar un cinema de calidade que tamén recolla as vidas, os seres e os sentires de todas, todos e todes. Xorde para poñer as gafas do arco da vella e seguir construíndo unha sociedade onde a diversidade sexa un dos valores fundamentais e un lugar de encontro, cultura e socialización arredor do cinema.
PRESENTACIÓN AMBIENTA + intervención de NURIA VIL, MARÍA LADO, LUCÍA ALDAO + DELINCUENTE, dirixido por ALBA DOMÍNGUEZ + coloquio “QUEN SON DELINCUENTES?” con ANGELLY FERREIRO.
OMAR BANANA + TE ESTOY AMANDO LOCAMENTE, de Alejandro Marín
O DESCOÑECIDO DO LAGO, de Alain Guiraudie
SLOW, de Marija Kavtaradze
CURTAS: SHEE, de Lia Campbell; HABITAR, de Anxos Fazáns; WILL YOU LOOK AT ME, de Shuli Huang; MAURICE’S BAR, de Tom Prezman e Tzor Edery
7 NOTAS, 7 CORES: música petarda con TATO DJ ANIMAL PRINT,
petiscos e agasallos poéticos con cada consumición.
LA VERBENA CLUB (Rúa Charino, 29)
Mostra algúns dos filmes máis importantes do panorama internacional, tanto os que foron aclamados polo público e a crítica coma os que AMBIENTA descobre e achega ao público galego. Unha selección de creacións audiovisuais contemporáneas que reflicten a realidade LGBTIQA+ en distintas partes do mundo na actualidade ou no pasado recente.
Historias recén enfornadas que se exhiben en AMBIENTA por primeira vez no país, unha oportunidade única para descubrir o máis recente da creación audiovisual queer con vontade de impactar, sorprender e emocionar.
Recupera títulos importantes que nos axudan a descubrir a presenza do colectivo na historia do cinema e como foi a representación do mesmo ao longo do tempo a través da sétima arte, seleccionado por Cineclube Pontevedra.
Achega as distintas realidades do colectivo LGBTIQA+ nun formato reducido que esperta grande interese por parte do público, con historias narradas en menos de 30 minutos. Un crisol de puntos de vista que dá conta da diversidade dentro do propio colectivo, seleccionado por FIC Bueu.
Este sitio web utiliza cookies coa finalidade de prestarlle unha mellor experiencia na súa navegación. Así mesmo, no caso de que preste o seu consentimento, utilizaremos cookies que nos permitan obter máis información acerca das súas preferencias e personalizar o noso sitio web de conformidade cos seus intereses individuais, para que teña unha navegación máis fluída e personalizada.
En 1942, nun tren que se dirixe a ningunha parte, unha antiga drag queen rememora unha noite pasada nun dos primeiros bares queers de París. O eco dos comentarios dos clientes evocan este bar mítico e ao seu misterioso dono, un xudeu arxelino.
*Gañador da Queer Palm en Cannes 2022
Tras regresar á súa cidade natal na procura de si mesmo, un xove director de cinema chinés ten unha conversa coa súa nai longamente aprazada que mergulla a ambos na procura da aceptación e do amor.
Pode un corpo ser unha casa? Que é un fogar?
‘Habitar’ trata de responder a estas preguntas sobre a construción das nosas identidades a través do retrato íntimo de persoas transxénero e non binarias de Galicia.
Ambientado en Nairobi, esta curta segue á parella do mesmo sexo Shee e Magnus mentres sofren as consecuencias dun embarazo inesperado.
*Premio no Festival de Sundance a mellor dirección para Marija Kavtaradze.
Elena imparte clases de baile, mentres que Dovydas traballa como intérprete de lingua de signos. No momento no que se coñecen establécese un fermoso vencello entre eles. Porén, a súa relación será posta a proba cando Dovydas lle confese a Elena que ten sentimentos románticos por ela, pero que é asexual, polo que non sente e nunca sentiu desexo sexual por outra persoa.
*Premio Cesar a mellor actor revelación para Pierre Deladonchamps, mellor dirección no 66 Festival de Cannes para Alain Guiraudie, Giraldillo de Oro no Festival de Cine Europeo de Sevilla a mellor filme e mellor fotografía para Claire Mathon.
Verán. Un lugar para ligar exclusivo para homes oculto na beira dun lago. Franck namora de Michel, un home atractivo e forte, pero mortalmente perigoso. Franck sabe todo isto, pero aínda así desexa vivir esta paixón.
*Premio Goya a mellor canción por “Yo solo quiero amor” de Rigoberta Bandini e Premio Feroz ao mellor actor de reparto para La Dani.
Sevilla, 1977. Reme está orgullosa de que o seu fillo Miguel vaia converterse no primeiro universitario da familia. Pero Miguel quere ser artista e cantar nun popular concurso de televisión. Nunha época na que a homosexualidade é delito, Reme descubrirá tamén quen son os novos amigos do seu fillo: o incipiente movemento LGBTI andaluz, xestado paradoxicamente no seo da Igrexa.
Pascal filma unha banda xuvenil nun skatepark e, no entanto, nace unha atracción mutua entre el e Joel.
Seducido polo encanto do rapaz, convídao á súa casa co pretexto de “editar a película”. Xa alí, Pascal cuestiona a súa decisión ao decatarse de que Joel ten só dezaseis anos e xórdenlle unha chea de dúbidas.
Cooper Josephine loita co seu proceso de transición. Na súa procura de identidade, enfróntase ás expectativas da familia e aos prexuízos sociais ao longo dun camiño certo cara a si mesma.
Xoana pasa o verán cunhas amigas. Entre elas está Emma, unha rapaza coa que comeza a explorar algo máis ca unha amizade. Porén, Xoana nunca tivo relacións sexuais, e a idea de dar ese paso xéralle medo e inseguridade. Os seus pensamentos, cargados de dúbidas e temores, difi cultan o avance da súa relación con Emma.
Iván é un home trans que traballa como carretilleiro nos almacéns duns invernadoiros no sur de Europa. Contra todo prognóstico, namórase de Hadoum, unha compañeira hispanomarroquí da cinta de envasado. A contracorrente, vivirán o seu amor entre invernadoiros e praias, xa que nin a familia de Iván nin a de Hadoum están a favor desa relación.
IVÁN & HADOUM tivo a súa estrea mundial na sección Panorama da Berlinale, onde gañou o Teddy Award; a súa estrea estatal no Festival de Málaga, onde acadou a Biznaga de Prata Premio Especial do Xurado, a Biznaga de Prata ao Mellor Guión e a Mención Especial ao Mellor Actor (Silver Chicón), e estivo presente no Festival D’A de Barcelona.
*TEDDY AWARD, premio de cine queer máis destacado do mundo, na Berlinale (2026).
Festival de Cine de Málaga (2026):
Biznaga de Prata ao Mellor Guión (Ian de la Rosa).
Biznaga de Prata ao Premio Especial do Xurado.
Mención Especial do Xurado a Mellor Interpretación Masculina (Silver Chicón).
9 LUNAS é unha comedia feel good que narra a historia de Ángel, un novo e atractivo adestrador persoal ao que a vida lle sorrí. Após dun ano sabático, acaba de ser contratado polo mellor ximnasio da cidade, e todo parece ir sobre rodas. Pero o seu mundo dá un xiro cando comeza a atoparse mal, acode ao hospital e recibe unha noticia inesperada: está embarazado. E é que, en realidade, Ángel é un home trans ao que só lle faltaba un último paso para completar a súa transición e agora deberá enfrontarse a unha decisión que porá a proba a súa identidade, os seus soños e a maneira en que entende a súa propia masculinidade.
Unha proposta audiovisual que vai dar moito que falar e que pensar, remover conciencias, celebrar novas realidades e sacarnos da nosa zona de confort.
Adela é unha muller de carácter conservador e respectada na súa comunidade. Vive nunha pequena vila en compañía da súa asistenta, Isabelita, con quen mantén un vínculo especial. Logo de propoñérenlle matrimonio e de viaxar a Madrid para unha consulta médica, Adela decide facerlles fronte a certas pantasmas que a acompañan desde hai tempo e que lle devolven unha imaxe que se resiste en recoñecer. Ante a idea insoportable de volver á súa vila, Adela múdase a Madrid para comezar unha nova vida cunha nova identidade.
Un fantástico momento para revisitar en pantalla grande este filme clásico, agora que se vén de estrear unha nova versión producida por Javier Calvo e Javier Ambrossi, con guión de Alana S. Portero e dirixida por Fernando González Molina.
*Nomeada a Mellor Película de Fala non Inglesa nos Oscar (1973).
Mellor Actor (José Luis López Vázquez) no Festival de Chicago (1972).
Mellor Director, Mellor Guión, Mellor Actor, Mellor Actor de Reparto para o Círculo de Escritores Cinematográficos (1972).
CONTANDO LOS DÍAS é unha comedia romántica transmedia en formato vertical que conta, con humor e tenrura, o inicio da relación entre Ana e Claudia. Unha historia próxima que amosa como o cotián se converte no escenario perfecto para explorar o amor, as emocións e as contradicións da vida diaria.
A primeira tempada consta de 34 episodios, cada un deles é un reel autoconclusivo pensado inicialmente para Instagram, mais tamén con presenza en TikTok e YouTube. Unha nova forma de contar historias, con textos, audios, stickers, GIFs, fotos, videos, emojis… Unha experiencia multiplataforma na que a audiencia interactúa e forma parte da historia.
*Nomeada a Mellor Web Serie nos Premios Mestre Mateo (2026).
Nomeada a Mellor Creación en Nuevos Medios nos Premios ODA (2025).
Seleccionada en FECICAM Festival de Cine Emergente de Ciudad Real (2025).
Mellor serie no LESFEST de Lima, Perú (2026).