Mostra Internacional de cinema LGBTIQA+ de Pontevedra
Ambientas?
Contaremos coa presenza de Carla Antonelli, política e activista trans, que presentará o filme documental "Triángulos rosas"
Contamos cunha ampla programación tanto na exhibición de filmes como nos actos que acompañan o evento
A Mostra Internacional de cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, AMBIENTA, estenderase desde do 27 de xuño a 1 de xullo de 2022
O evento ubicarase na praza da Pedreira por ser un dos espazos que mellor se adapta ás condicións que se requiren para a exhibición ao aire libre.
Mostra algúns dos filmes máis importantes do mundo, tanto aqueles que foron aclamados pola prensa e atraeron a atención dos festivais, como outros que AMBIENTA e AVANTE LGBT+ descubriron e que recomendan ao público. Unha selección de películas que se mergulla na sociedade contemporánea e o rumbo da mesma.
*En colaboración con AVANTE LGBT+
Explora as distintas vías de representación do colectivo desde unha
aproximación honesta ás necesidades, triunfos e cotiandade da comunidade LGBTIQA+. Proposta de filmes documentais que nos achegan ao pasado, presente e perspectivas de futuro das persoas que viviron e viven alén da cisheternonorma,
*En colaboración con CINEMATECA PEDRO ZEROLO
Achega as distintas realidades do colectivo LGBTIQA+ nun formato que esperta un gran interese por parte do público, con historias contadas en non máis de 30 minutos.
*En colaboración con FIC BUEU.
Recupera títulos importantes que nos axudan a descubrir a presenza do colectivo na historia do cinema e como foi a representación do mesmo ao longo do tempo a través da sétima arte.
*En colaboración co CINECLUBE de Pontevedra.

Acto de presentación de AMBIENTA, Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, que inclúe a estrea do videoclip EDUARDITA, producido por Laura Cadenas Amandi, Enzo Sarmiento e Éric Dopazo.
Proxección de A PRIMEIRA MORTE DE JOANA (Brasil) Dirección: Cristiane Oliveira Reparto: Letícia Kacperski, Isabela Bressane, Joana Vieira, Lisa Gertum Becker, Pedro Nambuco, Graciela Caputti, Rosa Campos Velho e Emílio Speck.
Proxección de ÉTÉ 85 (Francia), do director François Ozon
'Verán do 85' é a décimo novena longametraxe dirixida e escrita por François Ozon'. A película está ambientada no verán de 1985, na costa de Normandía. Un adolescente de 16 anos pasa uns días de descanso nun resort de luxo, propio das clases medias que aspiraban a un estilo de vida burgués. En plena mocidade, é habitual vivir moitas aventuras no cruceiro, aproveitar para facer deportes acuáticos. Pero non, o mozo fai un pacto de amizade co seu mellor amigo, un xuramento de por vida...
Encontro con Carla Antonelli, actriz, política, activista trans e impulsora de TRIÁNGULOS ROSAS, documental que narra a historia de tres mulleres trans residentes en Tenerife que loitaron durante décadas polos seus dereitos e por seren recoñecidas pola súa identidade real.
TRIÁNGULOS ROSAS
(España 2021, 90’, V.O.E.)
Borja Lynch
Triángulos rosas é un documental que narra a historia de tres mulleres transexuales de Tenerife, Terri León, Dona Hernández e Marcela Rodríguez, que loitaron durante décadas polos seus dereitos e por ser recoñecidas pola súa identidade real.
Os padriños de Tokio
(O Xapón 2003, 88’, Animación, V.O.S.E.) Dirixida por Satoshi Kon, Shôgo Furuya
É Nadal e a neve cobre a cidade de Tokio coa súa manta branca. Nalgún lugar de Shinjuku atopamos a tres persoas sen fogar: Gin, Hana e Miyuki. Unha noite escoitan uns choros que saen dun montón de lixo e atopan un bebé anxo. Gin insiste en levalo á policía e en que se ocupen del. Porén, Hana, que sempre tivo a ilusión de ter un bebé, non quere deixalo a ninguén e que sexan eles os que buscan aos pais. Así se embarcan estes tres amigos na aventura de atopar á familia do bebé...
*En colaboración con Cineclube Pontevedra

7 notas, 7 cores: “Petardeo” e música de cine con Palito DJ

ENSOM COWGIRL (Vaqueira solitaria) (Dinamarca 2021, 19’ V.O.S.E.) Gina Kippenbroeck
SON OF SODOM (Fillo de Sodoma) (Colombia 2020, 15’ V.O.E.) Theo Montoya
VICTORIA
(España 2020, 8’, V.O.E.) Daniel Toledo
DUSTIN
(Francia 2020, 20’, V.O.S.E.) Naïla Guiguet
MARLON BRANDO
(Países Baixos 2020, 19’, V.O.S.E.) Vicent Tilanus
AMBIENTA recolle o testemuño do FLOP Cinema que cada verán desde 2018 se ven celebrando en Pontevedra coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGBTIQA+ cada 28 de xuño.
AMBIENTA nace para seguir poñendo o acento no cinema como arte e como vehículo. Como reflexo de distintas épocas e sensibilidades que nos axuda a poñer as gafas violetas, as gafas de clase ou como neste caso, as gafas do arco da vella para seguir construíndo unha sociedade onde a diversidade sexa un dos valores fundamentais e un lugar de encontro, cultura e socialización arredor do cinema para gozar en liberdade do espazo público da cidade.
Este sitio web utiliza cookies coa finalidade de prestarlle unha mellor experiencia na súa navegación. Así mesmo, no caso de que preste o seu consentimento, utilizaremos cookies que nos permitan obter máis información acerca das súas preferencias e personalizar o noso sitio web de conformidade cos seus intereses individuais, para que teña unha navegación máis fluída e personalizada.
Pascal filma unha banda xuvenil nun skatepark e, no entanto, nace unha atracción mutua entre el e Joel.
Seducido polo encanto do rapaz, convídao á súa casa co pretexto de “editar a película”. Xa alí, Pascal cuestiona a súa decisión ao decatarse de que Joel ten só dezaseis anos e xórdenlle unha chea de dúbidas.
Cooper Josephine loita co seu proceso de transición. Na súa procura de identidade, enfróntase ás expectativas da familia e aos prexuízos sociais ao longo dun camiño certo cara a si mesma.
Xoana pasa o verán cunhas amigas. Entre elas está Emma, unha rapaza coa que comeza a explorar algo máis ca unha amizade. Porén, Xoana nunca tivo relacións sexuais, e a idea de dar ese paso xéralle medo e inseguridade. Os seus pensamentos, cargados de dúbidas e temores, difi cultan o avance da súa relación con Emma.
Iván é un home trans que traballa como carretilleiro nos almacéns duns invernadoiros no sur de Europa. Contra todo prognóstico, namórase de Hadoum, unha compañeira hispanomarroquí da cinta de envasado. A contracorrente, vivirán o seu amor entre invernadoiros e praias, xa que nin a familia de Iván nin a de Hadoum están a favor desa relación.
IVÁN & HADOUM tivo a súa estrea mundial na sección Panorama da Berlinale, onde gañou o Teddy Award; a súa estrea estatal no Festival de Málaga, onde acadou a Biznaga de Prata Premio Especial do Xurado, a Biznaga de Prata ao Mellor Guión e a Mención Especial ao Mellor Actor (Silver Chicón), e estivo presente no Festival D’A de Barcelona.
*TEDDY AWARD, premio de cine queer máis destacado do mundo, na Berlinale (2026).
Festival de Cine de Málaga (2026):
Biznaga de Prata ao Mellor Guión (Ian de la Rosa).
Biznaga de Prata ao Premio Especial do Xurado.
Mención Especial do Xurado a Mellor Interpretación Masculina (Silver Chicón).
9 LUNAS é unha comedia feel good que narra a historia de Ángel, un novo e atractivo adestrador persoal ao que a vida lle sorrí. Após dun ano sabático, acaba de ser contratado polo mellor ximnasio da cidade, e todo parece ir sobre rodas. Pero o seu mundo dá un xiro cando comeza a atoparse mal, acode ao hospital e recibe unha noticia inesperada: está embarazado. E é que, en realidade, Ángel é un home trans ao que só lle faltaba un último paso para completar a súa transición e agora deberá enfrontarse a unha decisión que porá a proba a súa identidade, os seus soños e a maneira en que entende a súa propia masculinidade.
Unha proposta audiovisual que vai dar moito que falar e que pensar, remover conciencias, celebrar novas realidades e sacarnos da nosa zona de confort.
Adela é unha muller de carácter conservador e respectada na súa comunidade. Vive nunha pequena vila en compañía da súa asistenta, Isabelita, con quen mantén un vínculo especial. Logo de propoñérenlle matrimonio e de viaxar a Madrid para unha consulta médica, Adela decide facerlles fronte a certas pantasmas que a acompañan desde hai tempo e que lle devolven unha imaxe que se resiste en recoñecer. Ante a idea insoportable de volver á súa vila, Adela múdase a Madrid para comezar unha nova vida cunha nova identidade.
Un fantástico momento para revisitar en pantalla grande este filme clásico, agora que se vén de estrear unha nova versión producida por Javier Calvo e Javier Ambrossi, con guión de Alana S. Portero e dirixida por Fernando González Molina.
*Nomeada a Mellor Película de Fala non Inglesa nos Oscar (1973).
Mellor Actor (José Luis López Vázquez) no Festival de Chicago (1972).
Mellor Director, Mellor Guión, Mellor Actor, Mellor Actor de Reparto para o Círculo de Escritores Cinematográficos (1972).
CONTANDO LOS DÍAS é unha comedia romántica transmedia en formato vertical que conta, con humor e tenrura, o inicio da relación entre Ana e Claudia. Unha historia próxima que amosa como o cotián se converte no escenario perfecto para explorar o amor, as emocións e as contradicións da vida diaria.
A primeira tempada consta de 34 episodios, cada un deles é un reel autoconclusivo pensado inicialmente para Instagram, mais tamén con presenza en TikTok e YouTube. Unha nova forma de contar historias, con textos, audios, stickers, GIFs, fotos, videos, emojis… Unha experiencia multiplataforma na que a audiencia interactúa e forma parte da historia.
*Nomeada a Mellor Web Serie nos Premios Mestre Mateo (2026).
Nomeada a Mellor Creación en Nuevos Medios nos Premios ODA (2025).
Seleccionada en FECICAM Festival de Cine Emergente de Ciudad Real (2025).
Mellor serie no LESFEST de Lima, Perú (2026).